Non so existe o que vemos. A materia podémola atopar en diferentes estados: sólido , líquido e gasoso. Nas reaccións químicas prodúcense cambios e pódese pasar dun estado a outro como por exemplo a candea que está en estado sólido e a través da combustión pasa a estado líquido. Tamén observamos que na mestura de vinagre co bicarbonato produciuse un gas invisible chamado dióxido de carbono.A densidade é una magnitude que fai referencia á cantidade de masa nun volumen determinado dunha substancia. Nestes experimentos desempeña un labor moi importante a densidade.No experimento das candeas o dióxido de carbono ao ser máis denso que a mezcla dos gases da atmosfera , ao caer enriba da candea despraza o osíxeno que era quen mantíña a reacción e a candea apágase.Cando introducimos a candea dentro do vaso , esta apágase cando chega ao fondo del xa que alí atópase o dióxido de carbono por ser máis denso.