O dióxido de carbono (CO²) xerado pola mestura de vinagre e bicarbonato de sodio é o que apaga as candeas, que precisan osíxeno, calor e cera para manterse acesas; neste experimento inchamos un globo coa mestura anterior; logo, con moito coidado, depositamos o gas do globo no vaso de precipitados e finalmente vertémolo nas candeas que desprazou o osíxeno; e polo tanto, apagou as candeas. Na fase 3 do experimento metemos as candeas no vaso de precipitados e apágase cando chega ao fondo do vaso, onde se deposita o CO² porque é máis denso. Tamén fixemos un experimento complementario no que inchamos un globo con aire normal e outro con CO²; ao día seguinte comprobamos que o globo con CO² estaba moito máis pequeno que o inchado con aire normal.
O circuíto debe ser pechado e estar formado por elementos condutores (metal, etc.). Hai obxectos magnéticos, como por exemplo os imáns, que poden atraer a outros obxectos sen tocalos. Isto é o que pasa co compás, xa que a súa agulla está imantada e vese atraída polo campo magnético da Terra; pero se achegamos imáns ou o arrodeamos con un circuíto eléctrico que teña un cable en forma de bobina, este campo magnético, máis próximo, interfire na agulla e a mesma deixa de sinalar o norte. A forza invisible que move a agulla é o magnetismo.
Con este experimento comprobamos que a enerxía do sol e moi potente así que poderiamos obter moita enerxía natural para a nosa vida cotiá; ademáis deberíamos protexer a nosa pel porque é perigoso e podemos queimarnos se estamos expostos sen protección. Ademáis de explotar os globos queimamos unha folla seca q apenas tardou un segundo en arder. Os globos de cor escura absorben máis enerxía e explotan antes, e os de cor clara absorben menos luz e tardan máis en explotar. Os obxectos absorben todas as cores menos a cor da que é, por iso os vemos dese cor.