Como funciona?

Misión alba en 10 pasos:

1   REXÍSTROME

Inscríbete no apartado Accede/Rexístrate, que atoparás no menú da web. Nese momento deberás seleccionar o reto no que queres participar con cada un dos teus equipos-clase.

1.
Falta [cf_pas01] GAL

2   RECIBO A VALIDACIÓN

Nun prazo máximo de 48 horas recibirás un correo que confirmará a túa praza na Misión e darache acceso á plataforma.

2.
Falta [cf_pas02] GAL

3   CREO O MEU PERFIL

Completa o teu perfil docente cos datos de contacto.

3.
Falta [cf_pas03] GAL

4   DOU DE ALTA AOS MEUS EQUIPOS

Introduce os grupos-clase cos que queres participar e crearanse automaticamente un equipo e unha misión para cada un deles. Lembra: cada clase participa conxuntamente como un só equipo. Cada equipo, só pode participar nun único reto..

4.
Falta [cf_pas04] GAL

5   DESCARGO OS MATERIAIS DIDÁCTICOS

No apartado Guías didácticas desta mesma web podes descargar a guía didáctica de cada un dos retos, adaptada ao currículo da túa comunidade educativa, co calendario, orientacións metodolóxicas, teoría complementaria e correspondencia curricular. No interior da plataforma poderás acceder aos materiais. Os dous retos divídense en catro etapas, e para cada unha delas atoparedes: un vídeo explicativo e un PDF descargable co programa de traballo para resolvelo mediante un experimento. Atoparás un equipo de mostra, chamado DEMO, para que poidas ver como funciona a misión antes de empezar cos teus propios equipos.

5.
Falta [cf_pas05] GAL

6   RECIBIMOS O PAQUETE DE BENVIDA

Enviaremos ao centro un paquete de benvida para cada un dos grupos-clase cos que participes. O paquete é un detalle que contén algún dos materiais necesarios para levar a cabo a misión e algunhas sorpresas que agora non podemos desvelar. O resto dos materiais, especificados nos programas de traballo son obxectos cotiáns ou comúns nos centros escolares.

6.
Falta [cf_pas06] GAL

7   COMEZAMOS A MISIÓN

Nunha primeira sesión lectiva, o grupo coñece a misión e a plataforma, e descobre o paquete de benvida.

7.
Falta [cf_pas07] GAL

8   RESOLVEMOS OS RETOS

En cada etapa traballaredes guiados por dúas persoas do equipo do Sincrotrón ALBA. Esta parella de guías anunciaravos nun vídeo cal é o reto ou enigma científico que debedes resolver. Para descifralo deberedes descargarvos un PDF co programa de traballo e realizar un experimento na aula. Ao final deberedes encher o informe de laboratorio para demostrar que superastes o reto.

8.
Falta [cf_pas08] GAL

9   CHEGAMOS Á META

Chegaredes á meta cando superedes as catro etapas. Nese momento poderedes descargarvos un informe final de Misión e un diploma para cada integrante do equipo, que vos axudará a inmortalizar a experiencia vivida.

9.
Falta [cf_pas09] GAL

10   PARTICIPAMOS NO SORTEO DE PREMIOS CIENTÍFICOS

Ao rematar cada etapa, entre todos os equipos que a resolvesen dentro do calendario suxerido, sortearase o lote de premios que aparece na páxina de inicio desta web.

10.
Falta [cf_pas010] GAL

Unha iniciativa de:

Alba

Coa colaboración de:

Producida por:

eduXarxa

Utilizamos cookies propias y de terceros para finalidades analíticas y técnicas; tratando datos necesarios para la elaboración de perfiles basados en tus hábitos de navegación.
Puedes obtener más información y configurar tus preferencias desde 'Configuración de cookies'.

Configuración de cookies