OS EQUIPOS EN ACCIÓN

Sigue os día a día da misión nas escolas!

Equipo Xiro

2023-2024 / Fai visible o invisible

5º. · Ceip O Couto
Ourense · Ourense
Lab1 Materia
Só existe o que vemos?

O INVISIBLE PODE SORPRENDERTE!
29/11/2023

Cando se mestura o bicarbonato e o vinagre prodúcese unha reacción química que infla o globo con dióxido de carbono. Dependendo da cantidade que botes os globos ínflanse máis ou menos . Para que unha vela mantéñase acesa necesita: osíxeno, calor e cera. Cando liberamos o CO2, este despraza ao osíxeno e apaga a vela. No seguinte experimento a vela apágase cando se achega ao fondo do vaso que é onde se acumula o CO2, xa que é máis denso que o osíxeno.


Lab2 Forza
Por que se moven as cousas?

MAGNETISMO NATURAL
07/02/2024

Para que un circuíto eléctrico funcione debe ser cerrado e estar formado por elementos conductores, porque senon a electricidade non circula. Tamén son moi importantes na vida cotiá os elementos aislantes para evitar descargas eléctricas nas persoas. Os imáns, son o mellor exemplo de como un obxecto pode exercer forza sobre outro sen tocarse, só acercándoos van a atraerse ou repelerse dependendo dos polos que enfrentemos. A agulla do compás está magnetizada e colócase sempre paralela ao campo magnético natural da Terra que actúa coma un imán enorme. Podemos romper esa atracción introducindo un novo campo magnético, por exemplo, outro imán, e deste xeito a agulla vaise alinear con él. Polo tanto, o fenómeno invisible que move a agulla do compás é o MAGNETISMO.


Lab3 Enerxía
Que provoca os cambios da materia?

O poder da luz.
04/06/2024

Neste experimento comprobamos que os globos de cores mais escuras estoupan antes porque absorben máis a calor e a luz do sol e as cores mais claras reflexan a luz por iso non estoupan tan rapido ou non chegan a estoupar. A enerxía do sol e moi potente por iso temos que ter moito coidado cando expoñemos a nosa pel e poderiamos usar esa enerxia antes ca outras mais contaminantes.


Lab4 Luz
Podemos ver con luz invisible?

OS EFECTOS DA LUZ
12/06/2024

Decidimos modificar un pouco o noso experimento e cambiamos a crema factor 20 por unha crema de factor 50 do ano pasado para comprobar se todavía tiña propiedades protectoras. Descubrimos que as bolas con crema hidratante tiñan unha cor máis oscura que as outras, pero para a nosa sorpresa a crema de factor 50 deste ano tiña menos protección que a do ano pasado (eran de distintas marcas) e esto sabémolo pola intensidade da cor despois da exposición a luz ultravioleta do sol. Igualmente comprobamos que as bolas que máis tardaron en recuperar a tonalidade branca foron as que non levaban protección.


Meta
Un último paso para o final


12/06/2024

Pasámolo xenial experimentando, que foi o que máis nos gustou. Aprendemos que non podemos ver todo o que nos rodea pero eso non quere decir que non teña influenza na nosa vida. O laboratorio que máis non gustou foi o da luz ultravioleta e sí que nos gustaría volver a participar para o próximo ano! Grazas







Unha iniciativa de:


Alba

Coa colaboración de:


Producida por:


eduXarxa

Utilizamos cookies propias y de terceros para finalidades analíticas y técnicas; tratando datos necesarios para la elaboración de perfiles basados en tus hábitos de navegación.
Puedes obtener más información y configurar tus preferencias desde 'Configuración de cookies'.

Configuración de cookies