Non só existe o que vemos, hai moitas cousas como o gas que inflou os globos que non vemos. A materia podemos atopala en tres estados: sólido, líquido e gasoso. Os cambios de estado poden darse moitas maneiras, poden ser por reaccións químicas como o vinagre e o o bicarbonato sódico que ao mesturalos prodúcese un gas que infla os globos. A densidade é a relación que existe entre a masa e o volume dunha substancia. Neste experimento foi importante a densidade porque o gas que apagou as candeas era máis denso que o aire e por iso puido apagalas porque pesaba máis e puido desplazar ao osíxeno.
O circuito eléctrico debe estar pechado para que a corrente circule por el. Ademáis os cables teñen que conectarse aos polos da pila e da lámpada para que os electróns viaxen polo cable. O electromagnetismo fai posible que un obxecto exerza unha forza sobre outro sen necesidade de tocarse, como os imáns. A Terra funciona como un imán, debido á forza electromagnética móvese a agulla do compás, un compás movido por unha pantasma.
Descubrimos que hai luz que non se ve cos ollos pero sí con detectores. Gustounos moito o das boliñas que se colorean coa luz do sol. Vimos o importante que é botar protector solar para non queimar a nosa pel. Grazas a Misión Alba polos experimentos, pas´molo moi ben e moitas/os queremos ser cinetíficas ou cinetíficos.